Boletín Eleccións Xunta de Facultade
O vindeiro día 12 de decembro, todos os alumnos de primeiro, segundo e tercer ciclo, estamos chamados a participar nunha convocatoria electoral destinada a cubrir a nosa representación na Xunta de Facultade.
Vindeiros é unha asociación de alumnos de Xeografía, Historia e Historia da Arte de recente creación que ten como meta inmediata a representación do alumnado neste órgano de goberno da USC para mellorar a calidade de estudio e docencia das tres carreiras e solucionar os faios e errores da nosa facultade.
Cremos que a baixa participación electoral que dende fai anos ven sufrindo a nosa Universidade neste tipo de comicios é unha das causas da escasa utilidade e falta de coñecemento entre o alumnado destes órganos de goberno das facultades, pese a ter importantes funcións, que inclúen a elección directa do Decanato.
As asociacións que no pasado desenvolveron a representación estudiantil na Xunta de Facultade de Xeografía, Historia e Historia da Arte, preséntansenos como caducas e supeditadas a intereses alleos ós dos alumnos das tres carreiras, pouco útiles para o noso futuro como licenciados en Xeografía, Historia e Historia da Arte, sendo, realmente, defensores só de intereses alleos os nosos: métodos de trepar postos en algúns partidos, plataformas políticas etc.
Creemos que a Facultade de Xeografía, Historia e Historia da Arte reclamaba unha Asociación de Estudantes que representara de forma fidedigna a súa pluralidade ideolóxica e as súas demandas e intereses concretos para facilitar a súa mellora e un funcionamente eficaz e de calidade. Cremos que Vindeiros pode ser a resposta a esa demanda que flotaba na nosa facultade; unha asociación capaz de aglutinar o voto e os intereses dos alumnos máis alá das siglas que teñan as papeletas que utilicen nas eleccións ó Parlamento Galego, ó Congreso, ó Senado ou ó Concello da súa Vila. Podemos ser do PP, do PSOE, do BNG, nacionalistas ou non nacionalistas ou de quen nos apeteza pero sobre todo queremos estudiar con dignidade en unhas condicións óptimas, esixindo os mellores servizos posibles e unha formación que nos permita integrarnos no mercado laboral. Así o corrobora unha lista electoral, a nosa, ideolóxicamente plural.
A independencia, a falta de padriños políticos e económicos, e dun trato igualitario por parte do decanato, nós non podemos colgar durante tres días pancartas da balconada principal, fai que VINDEIROS teña o camiño cara a Xunta de Facultade un pouco máis difícil.
Por estas razóns pedímosche un esforzo que o día 12 de decembro vaias a secretaría no 1º andar e alí exerzas o teu dereito ó voto para elexir ós representantes ó 1º e 2º ciclo se eres alumno da licenciatura ou ó noso candidato ó 3º ciclo se te atopas na etapa do doutorando.
No hay comentarios:
Publicar un comentario