Comunicado da Asociación Vindeiros:
O pasado 10 de Decembro, derradeiro día da campaña electoral das eleccións á Xunta de Facultade, o noso centro apareceu cheo dunha serie de pasquíns difamatorios nos que se falsificaba unha publicación da nosa asociación -“Tempos Vindeiros”-, nestas falsificacións, asegurábase que eramos unha asociación de corte fascista e, incluso, chegouse ó extremo de falsificar unha firma.
Nos só podemos condenar este tipo de actuacións, probablemente organizadas, pola retórica utilizada na falsificación, por algún tipo de organización FALANGISTA, probablemente vinculada ás persoas que o mesmo día se puxeron a cantar o “Cara el Sol” co brazo en alto pouco antes de que fechase a facultade. Tamén lle recordamos ó alumnado da nosa facultade que cada vez que Vindeiros expresouse sobre o que acontece neste centro o firmamos e nos identificamos sen caer no xogo sucio, e sobre todo, aínda que con contundencia, con boa educación.
Este tipo de calumnias e difamacións, de seguro, só tiñan como obxectivo desprestixar a nosa oferta dun asocianismo estudantil libre de dogmatismos ideolóxicos e claramente independente, capaz de autofinanciarse por métodos propios e públicos, sen que sobre nós poida caer ningún tipo de sospeita sobre ocultamento de finanzamentos ou calqueira outro tipo de escurantismo ideolóxico.
A primeira vista parece que os autores do panfleto buscaban, sen dúbida, a publicitación da ideoloxía FALANGISTA máis recalcitrante, propia dos anos máis escuros do réxime anterior. Seguramente sexan os únicos beneficiados por este tipo de propaganda, propio de pensamentos totalitarios e faltos de calqueira tipo de respecto pola vontade xeral.
A Asociación de Estudantes Vindeiros manifesta a súa indignación pola falsificación do título da súa revista, polo uso DELICTIVO do nome dunha persoa xurídica, así como pola suplantación da personalidade dun dos seus membros; razóns, todas estas, polas que, xa, comezou as tramitacións xudiciais oportunas.
Aproveitamos a ocasión para recordarlle ó alumnado deste centro que:
HOXE día 12 de Decembro pode exercer o seu dereito ó voto e elixir ós seus representantes na Xunta de Facultade, para iso só é preciso acudir á secretaría do primeiro andar có DNI entre as 10:30a.m e as 18:30a.m, marcando os nomes dos candidatos desexados.
Cremos que HOXE é necesario que o alumnado deste centro desenvolva libremente o seu dereito ó voto e elixa ós seus representantes!
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario