Hoxe o claustro da UPV foi boicoteado dun xeito violento durante unha protesta contra o Plan de Bolonia.
Dende Vindeiros pensamos que esas actuacións só sirven para deslexitimar ó movemento estudiantil e as condenamos.
Vindeiros propón que a adaptación dos plans de Bolonia non supoñan ningún tipo de perxuizo para os estudantes e non ataquen de ningunha forma os seus intereses.
Vindeiros defende que toda protesta contra Bolonia sexa pacífica e alonxada de radicalismos, estes só traerán que o movemento estudiantil non teña ningún tipo de apoio popular.
Vindeiros aposta por unha adaptación axeitada da inevitable entrada das titulacións da USC no plano EEES.
Isto só poderá conseguirse defendendo os dereitos do estudantado dentro de os órganos de goberno da USC, evitando que éstes se convirtan en lugares onde algúns grupos fagan calqueira cousa menos presentar propostas que defendan os intereses do estudantado.
miércoles, 30 de enero de 2008
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario