viernes, 15 de febrero de 2008

Historia a Debate

Comprácenos dicir que a Asociación Vindeiros foi agasallada polos amigos da web Historia a Debate (HaD) ó incluir nela un link ó noso blog, así como unha pequena reseña do que, máis alá da representación de estudantes, pretende a nosa asociación como "revulsivo" da vida académica no referido á formación dos futuros historiadores.

Ogallá houbera iniciativas parecidas no mundo da Xeografía e da Historia da Arte; de tódalas formas, o seu manifesto é interesante para os estudantes de estas outras licenciaturas que tamén pretendemos defender, en tanto en canto, ten numerosos puntos que poden ser extrapolados a outras ciencias e áreas do saber.

Un saúdo a todos, e a ver se Clío nos axuda

No hay comentarios: