lunes, 3 de marzo de 2008

Ministra Saharaui de Cultura na USC

http://www.usc.es/gl/xornal/nova.action?id=75750

A ministra saharaui de Cultura concretou en Santiago diversos proxectos de cooperación académica e cultural coa USC


A institución docente artellará programas de formación de técnicos en cooperación internacional e para a recuperación do patrimonio oral

• Actualizada o Luns, 03 de marzo de 2008 ás 13:57

A ministra de Cultura saharaui, Jadiya Hamdi, atópase estes días na USC coa finalidade de establecer novas vías de cooperación no eido da cultura. Logo dunha xuntanza coa representación saharaui, o vicerreitor Fernández Prieto anunciou nunha rolda de prensa o compromiso da USC de pór en marcha un plan de formación de técnicos en cooperación internacional “que rache así coas trabas burocráticas que o pobo saharaui se atopa cando pretende concursar a algún destes proxectos”.A recuperación do seu patrimonio oral é outra das preocupacións que manifesta este pobo, por estar esta en mans dos anciáns e non ter xente preparada para pór en valor este inxente capital de coñecemento. Tamén neste aspecto se comprometeu a Universidade, que dende os seus grupos de investigación tentará artellar maneiras de buscar apoio e formación para que todo ese material oral poida ser recollido e conservado adecuadamente.Cultura para a liberdadeA ex parlamentaria está a visitar as Universidades españolas “para mandar a mensaxe dun pobo en loita dende hai máis de trinta e cinco anos que agora presenta tamén necesidades culturais que reafirmen a nosa identidade”. A cultura “pode servir á liberdade, a valores útiles nun mundo próspero, de igualdade e cooperación”, engadiu.A colaboración da Universidade compostelá co pobo saharaui remóntase a hai máis dunha década, coa creación no seu seo do Observatorio para o Referendo do pobo saharaui. Pero ademais trabállase en cooperación con diversas ONGs no desenvolvemento de proxectos de enxeñaría que axudan a mellorar a calidade de vida nos campos de refuxiados.Entre as accións xa acordadas, a USC vai desenvolver nestas dúas semanas unha campaña solidaria de recollida de material musical para o pobo saharaui. Ademais, e grazas á xestión de responsables universitarios, o Ministerio de Cultura saharaui disporá dos dous primeiros computadores portátiles, un deles doado pola propia Universidade compostelá.Ao encontro cos medios de comunicación asistiron tamén o profesor de Historia Medieval Santiago Jiménez; a delegada do pobo saharaui en Galicia, Fatma Mohamed Salem; o responsable do Servizo de Participación e Integración Universitaria da USC, Javier Agrafojo; e o vicepresidente da Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui, Emilio Portela Bouzas.

No hay comentarios: