miércoles, 5 de marzo de 2008
Máis de catrocentos universitarios solicitaron unha das trescentas bicis que a USC prestará
Dende Vindeiros felicitámonos de que a nosa facultade sexa unha das máis comprometidas con medios de locomoción non contaminantes e coas prácticas respetuosas co medio ambiente; adxuntámosvos unha noticia da Voz de hoxe.
http://www.lavozdegalicia.es/santiago/2008/03/05/0003_6625700.htm
Un total de 421 universitarios de Compostela e Lugo solicitaron este ano unha das novas bicicletas que a Universidade de Santiago (USC) prestará ata o 27 de xuño. O Plan de Desenvolvemento Sostible da USC publicou onte no seu web a listaxe de persoas que acadou unha das trescentas bicis ofertadas.
De todas as peticións, 387 corresponderon a estudantes -29 deles son Erasmus-, 20 a persoal docente e investigador e 14 a persoal de administración e servizos. A Escola Politécnica Superior de Lugo, con 39 solicitudes, e as facultades de Medicina e de Xeografía e Historia de Santiago, con 41 e 36, respectivamente, son as que maior demanda presentaron. Os universitarios seleccionados serán convocados a finais de marzo para recoller a súa bicicleta e asinar o contrato de cesión, ademais de recibir dous cadeados e un chaleco refrectante serigrafiado co logo da campaña.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario