Pese ós nosos problemas coa Asamblea de Xeografía, Historia e Arte; recoñecemos e apreciamos moi positivamente a labor de reforma que están a promover no local de Estudantes.
Isto non significa que vaiamos a apoiar que AGIR ou AMI teñan espazos propios -cómo representantes de estudantes da USC- nin que nos deixe de parecer unha locura a ida de oia que tiveron nas eleccións á Xunta de Facultade; pero significa que quizáis podamos chegar a un entendemento con eles en algo.
Seguimos pensando que as asociacións coma a nosa -constituidas, legais e dispostas a loitar polo estudantado dende as institucións de goberno da USC- serven para algo e que, para elo, necesitan de acadar espazos propios dentro das Facultades sempre que as infraestructuras o permitan.
Por tanto, seguimos reclamando o noso dereito a dispor dun local propio como, por outra parte, segue tendo o CAF -con menos representación que nós na Xunta de Facultade.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario