domingo, 15 de junio de 2008

¿Tes queixas da calidade da Área Académica da USC?

A USC conta desde hai uns anos coa certificación de calidade
UNE-EN ISO 9001:2000 na súa Área Académica.

Para lograr manter un servizo de calidade, o coñecemento da satisfacción dos usuarios da área é un elemento fundamental de cara a coñecer os puntos fortes e débiles e adoptar
medidas para a mellora do servizo.



Ti como usuario da devandita área podes cubrir o Cuestionario de Satisfacción Oferta Académica 2007-08, premendo na ligazón que atoparás, facilmente, ó entrar na Secretaría Virtual dende a túa conta.


--------------------------------------------------------------------------------------
Luis V.
Asociación de Estudantes
Historia, Arte e Xeografía
VINDEIROS

No hay comentarios: