lunes, 9 de junio de 2008

XI Edición Congreso Internacional EDUTEC 2008

XI Edición Congreso Internacional Edutec 2008: As TIC ponte entre
culturas; Iberoamérica e Europa. (Celebrarase en Santiago de Compostela 1
ao 5 de Setembro). Organiza o Grupo de Tecnoloxía Educativa do Dpto. de
Didáctica e Organización Escolar da USC e o Centro de Supercomputación de
Galicia (CESGA).

A participación en EDUTEC 2008 combinará dous niveis: presencial e
virtual. Os congresistas poderán asistir de forma virtual ou presencial.
Dispoñerá dunha contorna en rede onde nos atoparemos na distancia con
aquelas persoas que só participen de forma virtual. Todos os participantes
estarán inscritos nesta contorna virtual e terán acceso a todas as
comunicacións, pósters e relatorios e este espazo integrará actividades de
intercambio e debate en cada eixe temático do Congreso.

A participación será recoñecida con 1 crédito de libre configuración para
todos os alumnos da USC (Todas as titulaciones campus Lugo e Santiago).
Resolución Rectoral de 21 de maio de 2008.

Temática do Congreso: As TIC como ferramentas para a xeración de
coñecemento e o desenvolvemento dunha cidadanía global. Poñeremos o
énfasis nesta edición nas posibilidades que as Tecnoloxías da Información
e a Comunicación ofrécennos para promover o traballo en rede e construír
unha sociedade do coñecemento participativa e inclusiva.

Mais información:

www.usc.es/edutec
edutec@usc.es
extensión 13807





---------------------------------------------------------------------------------------
Colgado por Luis Velasco

No hay comentarios: