miércoles, 5 de noviembre de 2008

Ciclo: "Feminino Singular: VIDA E TEMPO DE SOFÍA CASANOVA (concedido 1 Crédito de Libre Cofiguración)

INSTITUTO de ESTUDOS GALEGOS "Padre Sarmiento"


No 50 aniversario do seu pasamento
(ver información práctica ao final)
O Instituto de Estudos Galegos "Padre Sarmiento", único centro de investigación en
ciencias humanas do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) en Galicia ten
previsto organizar, con motivo do 50 aniversario do pasamento da escritora, poetisa e
correspondente de guerra Sofía Casanova un ciclo de actividades tiduado "Feminino singular:
vida e tempo de Sofía Casanova".
Sofía Casanova é un exemplo máis de esquecemento de mulleres galegas excepcionais:
escritora, poetisa, xornalista, primeira correspondente de guerra, pacifista na I Guerra e
belixerante na española e a II mundial, feminista, intelectual nun mundo alleo e masculino
como era a Polonia de principios do XX, etc.
Esta muller é unha das máis significativas figuras femininas galegas entre finais do
século XIX e a primeira metade do século XX, ata o punto que o artigo que lle dedica a
Enciclopedia da Emigración leva por tíduo: "Sofía Casanova: O Premio Nobel que non puido
ser".
Nacida en Culleredo, educouse en La Coruña e Madrid, onde coñeceu o filósofo polaco
Wincenty Lutowslasky co que se casou moi pronto marchando con el a Rusia e Polonia.
Participou na vida cultural e política da Polonia de entreguerras, foi correspondente durante a
Primeira Guerra Mundial, as crónicas da cal acaban de ser publicadas en forma de libro, vivíu
de preto a revolución rusa –entrevistando a Trotsky– á que dedicou un libro tamén
recentemente reeditado, e finalmente padeceu a Segunda Guerra Mundial coa ocupación de
Polonia primeiro polas tropas nazis e despois polas soviéticas. O seu interese literario, o
encanto das súas novelas históricas ou o apaixonante da súa vida fixeron que coincidan
ultimamente reedicións das súas obras, desaparecidas dende había moito tempo e traballos
científicos sobre ela, como a biografía que sairá a finais de ano na editorial Vanderbilt da man
da inglesa Kirsty Hooper.
Sorprendentemente, ningunha das reedicións dos seus libros, que están a volver a facela
popular, estanse a publicar en Galicia, aínda que empeza a notarse tamén entre nós o interese
por recuperar a súa figura.
A prensa, tanto impresa como virtual, está a salientar a súa importancia neste ano de
aniversario, sendo o seu reflexo máis importante o premio Pérez Lugín, outorgado a un artigo
de María del Rosario Martínez (que exporá no ciclo a traxectoria vital de Sofía Casanova), polo
seu traballo "Feminino e singular", así titulado precisamente porque o labor de xornalista que
fixo Sofía tivo carácter "feminino", posto que un home o faría de modo diferente: "A Súa
condición de muller obrígalle a ter un punto de vista sobre os acontecementos, os personaxes,
a guerra, o pan, o amor, a lealdade, a prepotencia, ... que non ten un home. E singular, polo
seu peculiar xeito de facer as cousas, o seu traballo persoal, froito das súas circunstancias e a
súa coraxe e que tan pouco abundaba naquela época", recollía Toñi Rubio, en Ameco Press ao
dar noticía do premio. Pra celebralo e difundir a figura e a obra de Sofía Casanova terase un
ciclo de actividades, no mes de novembro do 2008, co seguinte programa:


CICLO DE RELATORIOS

Luns, 17.11.08
Dr. Grzegorz Bak, UCM
La atormentada Polonia de Sofía Casanova.

Martes, 18.11.08
Mesa redonda
Sofía Casanova no cine.
D. Marcos Gallego
Dª. Inés Colmeiro
Dra. Margarita Ledo Andión
Proxección do documental A outra Galicia sobre a Galitzia polaca

Mércores, 19.11.08
Dra. María del Rosario Martínez
Traxectoria vital de Sofía Casanova.

Xoves, 20.11.08
Dª Olga Osorio, EIS A Coruña - UDC
Sofía Casanova e as primeiras mulleres
correspondentes de guerra.

Martes, 25.11.08
Dra. Carmen Blanco García, USC
Mulleres e literatura na Galicia de Sofía Casanova.

Mércores, 26.11.08
Dra. Kirsty Hooper, Univ. Liverpool
Sofía Casanova e o apagamento
da muller intelectual no século XX español.

Xoves, 27.11.08 Mesa redonda
Retrato ideolóxico de Sofía Casanova.
Dra. María del Rosario Martínez
Dra. Kirsty Hooper
Dr. Antón M. Pazos

CICLO DE CINEMA
Dª Rita Martín, USC
17.11.08 Generación (A. Wajda, Polonia, 1955, 87 min.)
19.11.08 To be or not to be (E. Lubitch, EE. UU., 1942, 99 min.)
20.11.08 Sin novedad en el frente (L. Milestone, EE. UU., 1930, 100 min.)
21.11.08 Kanal (A. Wajda, Polonia, 1957, 82 min.)
24.11.08 Iron Jawed Angels (K.V. Garniar, EE. UU., 2004, 123 min.)
25.11.08 La pasajera (A. Munk, Polonia, 1963, 70 min.)
26.11.08 Las bostonianas (J. Ivory, G. B., 1984, 115 min.)
28.11.08 Europa, Europa (A. Holland, Francia/Alemania, 1990, 108 min.)


EXPOSICIÓN
17.11.08-28.11.08
Vellas e novas edicións de Sofía Casanova
Coa colaboración da Editorial Akrón, a Biblioteca do IEGPS e Dª Olga Osorio.

INFORMACIÓN PRÁCTICA
♦ Matrícula en sarmiento@cesga.es remitindo (neste orde): Nome, DNI, enderezo, e-mail,
teléfono, facultade, curso.
♦ Entregaráse diploma de asistenza e certificado por 1 crédito (en trámite) ós que o soliciten.
♦ A matrícula é gratuita e farase por orde de inscrición.
♦ As sesións serán na sede do Instituto de Estudos Galegos “Padre Sarmiento”, San Roque, 2,
ás 20.00 h.

No hay comentarios: