Representantes de Vindeiros e dos CAF reunímonos cunha comisión da Asemblea de Historia, Arte e Xeografía para intentar unha equitativa repartición do espazo dedicado a local de estudantes dentro da nosa facultade.
A Asambleia pretende impedir mediante a súa abafadora maioría de representantes na Xunta de Facultade, que unha asociación constituída para promover actividades na nosa facultade non dispoña dun espacio propio e pechado dentro do local de estudantes, dende o que desenvolver algunhas actividades para as que este tipo de infraestructura é imprescindible.
Os seus representantes ofrecéronnos por "xenerosidade" utilizar algún tipo de armario onde gardar as pertenzas da asociación, xa se vería si con baixo chave ou non, e suxerirnos que se pretendiamos utilizar algún computador era de esperar que para que este non sufrise ningún tipo de "eventualidade" tamén estivese disposto para o seu uso.
Da mesma forma informáronnos de que outras organizacións presentes nas súas listas como AGIR poderían dispor do local de estudantes e de armarios nel, dado que presentaron candidatos a través da lista ARXEHI.
Vindeiros seguirá esixindo dispor dun espazo propio e de uso exclusivo para a súa asociación como ata agora tiveron os CAF, e pensamos que dúas asociacións con personalidade xurídica á que se lles pode esixir responsabilidades sobre os usos e danos dunha propiedade pública están capacitadas para a súa xestión en beneficio da comunidade de alumnos da facultade.
Da mesma forma, a asociación Vindeiros non se fai responsable dos danos que se produzan ou actividades que se desenvolvan no local de estudantes da Facultade.
2 comentarios:
Queridos vindeiros, futuros deputados e concelleiros PPeiros:
A asemblea de historia non ten un local pechado e propio para reunirse.O local de estudantes está e debe estar aberto a todos.No local non só se reune a asemblea, senon que moitos colectivos e grupos de traballo, incluso alleos á facultade se reúnen libremente e nunca houbo ningún problema.Non cremos que necesitedes un local exclusivo para vós a non ser que sexades unha especie de agrupación conspiradora francmasónica.Sodes libres de xuntarvos cando queirades no local, pechades a porta de tal hora a tal hora e xa está.Así que nada de vir de víctimas.
Gustariame resposta o teu comentario.
Faime moita gracia o de chamarnos vindeiros ppeiros, iso so amosa o pouco que coñeces o noso grupo.
A razon principal de do noso desexo de ter un espazo propio no local e unicamente a de poder gardar nel as cousas da asociación, xa que o noso derradeiros fin e o de facer actividades culturais (coas que proveer de creditos de libre configuracion o alumnado). Comprenderas que nos e posible ter ese tipo de cousas no local d estudantes, alomenos no estado no que se atopa, nin cun simple armariño. Como e loxico ninguen responsabilizarase do material se por algunha razon (pode que pensedes que estou a pensar en poñer un: deus non o queira!!, pero nada mais lonxe da realidade) dañarase.Coma ti mesmo comentas o local esta a ser empregado por xente allea a facultade, co cal ainda e mais loxica a miña preocupacion.
A nosa intencion non e a de deixar a ninguen sen o seu libre espazo de reunion (hai espazo para todos), pero a fin que lle queremos dar o posible local de Vindeiros non e outro que o da nosa organizacion interna con unico fin de preparar actividades culturais. Francamente no actual estado do local... pouca actividade deste tipo podese realizar. teño visto cortes de porcos de mellor ver (o digo polas fotos, xa que recoñezon que ende xamais entrei nel).
Non teño constancia da pertenza de menbros da fracmasoneria a asocicion, pero non escluimos a ninguen de modo que se algun francmason o menbro dunha sociedade segreda ten interese (o igual que caquera) ten as suas portas abertas.
Publicar un comentario