Vindeiros, como asociación de estudantes de Historia, Xeografía e Arte, só pode ver con preocupación a política da Xunta de Galicia en materia educativa.
Os plans da consellería de retirar unha hora de Historia e outra de Filosofía do bacharelato parécenos un motivo de burla maior tanto para a comunidade docente e discente do ensino medio como para os que nos estamos a formar como futuros profesores deste.
Queremos deixar clara a nosa postura, estamos en contra de que se retiren esas dúas horas comúns para tódolos alumnos do Bacharelato, creemos que as disciplinas humanísticas son fundamentais e que calqueira profesional do día de mañán debe ter uns coñecementos mínimos destas.
Vindeiros quere mostrar o seu rechazo ós plans educativos dunha Xunta e un goberno central que atacan á historia e á filosofía e que, non obstante, pretenden implantar asignaturas como "ciencias del mundo contemporáneo" ó "educación para la ciudadanía"; meros inventos que non aportan nada á educación das novas xeracións mentres séguese impartindo de forma xeral relixión con cargo ós orzamentos xerais do estado: á conta de tódolos españois.
Sinxelamente: Non á demagoxia
Luis Velasco
Presidente da Asociación de Estudantes VINDEIROS
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
2 comentarios:
nembergantes?????????????????
aprendede galego: nembargantes
Seguese!!! (se segue... jojojo)
PASPANS!!!!
Un castelan falante escribindo por obriga en galego... iso e demagoxia!!
Moi amable polas túas verbas, rápidamente amoldámolo todo ó teu gusto; "nembargantes", gustaríanos facerte unhas serie de pequenas aclaracións filolóxicas no que respecta ó uso dos acentos gráficos na lingua galega.
Séguese ten, Paspáns tamén e castelán tamén.
A forma verbal "é", do verbo, ser, tamén leva un til, diacrítico, para diferencialo da conxunción "e".
O actual texto normativo do idioma galego desbotou as formas "sen embargo" e "nembargantes", ademais de "entonces" e "anque", que tampouco son válidas. As formas recomendables para substituílas poderían ser "aínda que", "non obstante" ou "entón".
Máis nada, saudiña.
L.
P.D. Reclamar o galego non é un asunto de demagoxia, sinxelamente, de convicción persoal e de intentar participar na revalorización da lingua, sempre sen imposicións, claro.
Publicar un comentario