lunes, 2 de junio de 2008

OBRADOIROS SOBRE BUSCA DE EMPREGO

A Área de Orientación Laboral (SAEE) do Campus de Santiago organiza dous obradoiros sobre técnicas de busca de emprego dirixidos a estudantes de últimos cursos e titulados recentes.

O mércores 4 de xuño se celebrará un primeiro obradoiro sobre a Elaboración do Currículum no que se abordarán contidos relacionados coas técnicas para a redacción do currículum e da carta de presentación, os diferentes tipos que existen e a súa importancia para levar a cabo unha busca activa e eficiente de emprego.

O mércores 11 de xuño se celebrará unha segunda sesión sobre a Preparación de Procesos de Selección, e terá por obxectivo ofrecer información sobre as principais técnicas de selección de persoal, as súas finalidades e formas de aplicación, así como proporcionar recursos aos universitarios para afrontar o seu acceso ao mercado laboral con éxito.

Estes obradoiros son gratuítos e se celebrarán en horario de 10:00 a 12:00 horas nas dependencias do Servizo de Apoio ao Emprendemento e ao Emprego (SAEE) da Vicerreitoría da Comunidade Universitaria e Compromiso Social, situadas en Casas Reais nº 8.

Aquelas persoas interesadas en participar deben inscribirse previamente na oficina da Área de Orientación Laboral (SAEE) ou por teléfono a través da extensión 12850.


Luis V.

Asociación de Estudantes
VINDEIROS

No hay comentarios: