http://www.usc.es/xeohist/Documentos/Borrador%20grao%20Historia.pdf
A comisión redactora do novo "grao en historia" que terá que sustituir á actual licenciatura de acordo cos plazos e termos do "Plano Boloña" acaba de ser remitida á Xunta de Facultade.
Dende Vindeiros pensamos que o novo plano de estudos ten moitas carencias.
En primeiro lugar é compretamente insensible cara a maior saída laboral que ofrece a actual titulación e que debería herdar a súa sucesora: a ensinanza media.
A comisión redactora fíxolle máis ben pouco caso ás necesidades da sociedade e as dos propios estudantes no que é a súa saída e inserción laboral.
Dende Vindeiros sempre defendimos que o Plano de Boloña non é unha panacea pero que se lle podían sacar aspectos altamente positivos; neste eido, a capacitación para acadar un grande abanico formativo que permita a unha persoa con estudos en Historia desempeñar unha ampla gama de traballos nin se cumpre nin se pretende cumprir co Proxecto do Novo Título.
Por outra banda, os campos profesionais cubertos ata agora por este título, quedarán compretamente reducidos no horario lectivo, sendo imposible que, por exemplo, unha persoa poida desenrrolar un traballo como arqueólogo sen ter unha formación axeita.
Ó mesmo pasa coas demais áreas de coñecemento histórico e investigación histórica.
Así pois, con esta oferta, onde os estudantes nin poderán ser profesores de ensino medio, nin arqueólogos, nin... qué podemos facer???
Por outra banda o proxecto ten algúns puntos técnicos de dubidosa veracidade: só temos que recordar canta xente comezou con cada un de nós a carreira e ver cantos deles nos rodean agora; é compretamente veraz o índice de abandono que se lle pretende presentar a ANECA??.
É realista falar de formación continuada cun índice de absentismo tremendo perante o que non se presentan ningún tipo de medidas concretas??
En VINDEIROS pensamos que hai probabilidades de que no caso de que o actual proxecto sexa remitido a ANECA (axencia encargada de aceptar os seus requisitos técnicos), esta podería presentarlle algún tipo de obxeccións. Ogallá.
De tódalas formas queremos saber a vosa opinión sobre o que os representantes do alumnado na Xunta de Facultade debe facer con respecto a este proxecto.
O VINDEIRO 4 de Xullo a Xunta debe reunirse para decidir se apoia o seu envío a ANECA ou non, por elo pedimos a todo estudante da Facultade de Historia, Xeografía e Arte da USC, que lea o proxecto e que vote na nosa enquisa.
http://www.usc.es/xeohist/Documentos/Borrador%20grao%20Historia.pdf
--------------------
Luis Velasco e Diego Monroy
VINDEIROS
Asociación de Estudantes
Arte, Xeografía e Historia USC
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario