Este sábado 25 de outubro as 10:30 no local da CIG en Santiago (Calle Ferro Caaveiro, fronte ao Pazo de Exposición - San Lázaro) terá lugar unha reunión de tódolos arqueólogos de Galicia para aceptar ou rechazar un proxecto de Convenio Laboral para a actividade Arqueolóxica.
O sector da arqueoloxía galega leva moitos anos reclamando este convenio para dotarse dos elementos necesarios á hora de esixir un salario e unhas condicións de traballo dignas para uns licenciados universitarios como os arqueólogos profesionais.
É importante saber que a esta cita poden acudir estudantes da nosa facultade.
Saúdos e non faltedes.
--------------
Publicado por Luis
Asociación Vindeiros
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario